Práctica Bolonia VI

         

  1. ¿De qué formas puede aceptar Aedinius, el nuevo periodista de Lo que Vd. debe saber, las modificaciones que le hace Clodius, el director del diario, a su trabajo?

Exponga las diferentes posturas que puede tomar Aedinius respecto a las enmiendas que le hace Clodius. Destaque también en qué casos permanecerá la firma de Aedinius y qué otras posturas puede adoptar respecto de su trabajo.

Clodius, como director do medio para o que traballa Aedinius, ten dereito a incluír ou modificar o traballo presentado polo profesional. A postura adoptada polo xornalista ante os cambios que experimente o seu traballo orixinal pode derivar en catro casos:

En primeiro caso, que acepte as variacións que o director considerou oportunas e que sexa o traballador o responsable do texto, respondendo por el se fose necesario facelo. No segundo suposto, aínda que Aedinius aceptase  os cambios que introduciu Clodius, será este último o responsable do texto publicado en caso de que existan responsabilidades das que facerse cargo. Tamén pode ser que o autor da noticia rexeite inmediatamente as alteracións que sufriu o traballo orixinal ou que sexa o director quen se negue a publicar a noticia. Nestes dous últimos casos será o xornalista o que poderá dispoñer libremente dos datos e documentos redactados por el.

Polo tanto, Aedinius pode aceptar os cambios e responsabilizarse da firma ou estar de acordo coas variacións pero negarse a responder pola noticia. Tamén pode rexeitar as variacións e non publicar o traballo.

2        Imagine un contrato de edición. Establezca las cláusulas que le parezca imprescindible para su firma cuando proceda a la publicación de su novela del futuro.

Un contrato de edición é o que firma un autor para ceder o dereito de publicación e distribución da súa obra a unha editorial. En caso de que unha obra que acabo escribir se publicase e tivese que firmar o contrato, as condicións serían as seguintes:

O texto que vinculase ás dúas partes firmantes ten que ir por escrito e deberíanse de estipular inmediatamente as cuestión económicas que se deriven da venda dos libros. É dicir, cal será a remuneración do autor e a porcentaxe dos cartos que irán para a editorial. Outros aspectos a ter en conta será a lingua en que o libro se publicará, cal é o número de exemplares que sairán na edición ou data en que o autor entregará a obra orixinal á editorial. Hai outros requisitos adicionais como as obrigas do responsable, non introducir modificacións e respectar o contrato e do propio escritor, non vulnerar as datas fixadas.

  1. Lea un articulista de alguno de los libros:

La Nochebuena de 1836.Yo y mi criado.Delirio filosófico, artigo ensaístico do escritor e xornalista romántico Mariano José de Larra, foi o que escollín para a análise pedida nesta pregunta.

Como en todos os seus artigos, sendo unha marca persoal do autor que o caracteriza na historia da literatura, fai unha crítica sagaz da sociedade da época, especialmente do Madrid do momento. En paralelo a esa constante reivindicación da súa obra bota unha ollada cara a si mesmo e relata o fatídicos que resultan os días 24 de cada mes. Para demostrarllo aos seus lectores conta o que lle aconteceu o día de Noiteboa do ano 1836, que dá nome ao artigo.

O tema non é algo que dea moito xogo para xulgar, posto que analiza unha situación persoal que viviu co seu criado, quen lle solta unha retalla de réplicas despois de que o propio Larra de mofase del. Porén, o estilo co que escribe e esa ironía tan intelixente que empregaba con mestría fan do ensaio algo interesante na nosa sociedade de hoxe en día. Ademais, esas notas de descontento social que impregnan as súas palabras tamén están de actualidade, cando a crise que azouta a economía suscita máis críticas que en tempo de bonanza. E por suposto, quédome como ensinanza a capacidade que o propio Larra tiña de autocrítica.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s