Práctica Bolonia IV

EL DERECHO A LA INFORMACIÓN Y LA LIBERTAD DE EXPRESIÓN Y LOS DERECHOS PERSONALÍSIMOS (HONOR, INTIMIDAD PERSONAL E IMAGEN). PROTECCIÓN A LA JUVENTUD Y A LA INFANCIA.  

  1. ¿Puede invocarse el derecho al honor al hablar del ejercicio profesional de una persona?

O dereito ao honor é un concepto puramente ideolóxico e bastante abstracto. Está directamente relacionado coa moral. Pódese definir como o aprecio, reputación ou prestixio que ten unha determinada persoa, tanto para a xente que a rodea como para si mesma. Isto, por tanto, pode ser vulnerado na vida diaria de calquera, mesmo no seu día a día profesional.

a)      Busque una noticia que se refiera al ejercicio profesional de una persona, y conviértala en una información con intromisión ilegítima en el honor de la misma.

Tomando como punto base a noticia anterior, en que se relata a entrevista que unha famosa empresa de refrescos fixo aos seus empregados para o traslado á fábrica de bebidas en Valencia, desenvolverei o meu exemplo.

Poñamos por caso que as preguntas que formaban parte da entrevista eran tan secretas como a fórmula da afamada bebida. Porén, foron filtradas a un coñecido xornal nacional que as publica en primeira páxina. A entidade, indignada, pide que o culpable do acontecido se mostre publicamente porque se sospeita que foi un traballador da corporación. Como ninguén dá a cara, tendo medo ás represalias, Margarita acusa ao seu compañeiro Román de ser el quen lle dou esa información á prensa. O empregado, que leva traballando alí máis de sete anos, pode considerar que o seu dereito ao honor foi vulnerado porque iso afecta negativamente á súa reputación.

b)     Después, relatando un mismo hecho, establezca las condiciones para que a una persona le suponga menosprecio, y a otra, en distinta situación no se lo suponga.

Que unha determinada situación sexa susceptible ou non dunha vulneración do dereito ao honor é algo moi subxectivo. Nun primeiro momento, podemos dicir que iso iría en función da personalidade que caracteriza a cada persoa.

A Bruno pode parecerlle un menosprezo que o acusen de ser un interesado que só se move por diñeiro, afirmación que proviña do seu mellor amigo. Porén, Felisa pode facer caso omiso a unha declaración do mesmo tipo que foi dita por un mozo que acaba de coñecer no curso de Pilates.

É dicir, que depende das circunstancias, de quen sexa o receptor ou emisor da información. En todo caso, a situación vai ser de carácter puramente subxectivo.

c)      Explique la faceta objetiva y la subjetiva del derecho al honor.

A faceta obxectiva do dereito ao honor, tamén chamada exterior, é aquela consideración que o resto da sociedade ten sobre nós ou sobre os nosos actos. É dicir, son as opinións que a xente forma respecto á nosa persoa.

Por outro lado, a faceta subxectiva é o que cada un de nós pensa de si mesmos. A estimación que facemos sobre os nosos actos e a nosa persoa.

  1. El comportamiento del periodista debe ser igual ante todas las personas sobre las que informe, teniendo en cuenta lo establecido en el a. 14 Constitución: Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social. ¿En qué casos prevalece el derecho al honor sobre el derecho a la información?

O dereito ao honor debería de prevalecer en caso de que a información difundida non fose veraz, é dicir, que estivese pouco contrastada ou non respondese a unha realidade obxectiva. Ademais, habería que ter en conta que relato se difundiu nos medios. Se as expresións son vexatorias ou de corte racista e xenófobo, por mencionar un exemplo, tamén podería ter máis importancia a reputación da persoa que o interese da opinión pública.

Ademais, todos aqueles que ostenten un cargo público verán o seu dereito ao honor reducido e uns límites máis amplos que o resto da sociedade.

a)      ¿En qué casos prevalece el derecho a la información sobre el derecho al honor?

Neste caso, se a información difundida é de carácter xeneral, que enriqueza e forme á opinión pública, o dereito á información prevalecerá sobre o dereito ao honor. Tamén pode acontecer isto se se demostra que a noticia divulgada nun determinado medio, por moito que degrade a reputación dunha persoa, é veraz.

En todo caso, tanto neste como no anterior, hai que facer un esforzo por diferenciar o que é información do que son xuízos de valor.

3. En una entrevista difundida en el diario El adelantado de Córdoba, el director y el jefe de estudios del colegio Ramón y Cajal critican a Catilina Rodríguez Rodríguez, un alumno de doce años, señalando que es el peor de los alumnos del colegio, ya que, con el consentimiento de sus padres, ha llegado a tripitir curso. ¿Es correcta la información periodística? Razone su respuesta.

Está claro que unhas declaracións deste tipo teñen que ser contrastadas previamente para que poidan ser veraces. A información pode ser correcta ou non, se tanto o director como o xefe de estudos están convencidos do acontecido. Porén, a divulgación dun relato deste tipo pode resultar ofensivo para o protagonista, neste caso menor de idade, e polo tanto, para seus pais. Estariamos ante un caso de vulneración de dereitos como o honor, posto que se pon en entredito a calidade da educación que recibiu Catilina de seus pais.

Porén, o elemento que máis destaca neste exemplo é o feito de que estamos a falar dun menor. Polo tanto, non importa que se saquen á luz datos dunha relevancia informativa sen precedentes, posto que tanto a imaxe, como a intimidade e o honor do neno están protexidos máis restritivamente pola Ley Orgánica de Protección de Menores.

4. Vipsianilla se encuentra de vacaciones en el Caribe con su pandilla de amigas. Llama a su casa, en la que se encuentra Adriana, su asistenta que limpia su casa, y le dice que al ir a su hogar, compruebe si le ha llegado un paquete que espera de la compañía MRW. Tal y como promete, le llama dos días después y Adriana le confirma que le ha llegado el paquete y que contiene un artilugio sexual, pero que viene sin pilas. Le informa también de que le ha llegado una carta de Casius en la que le asegura vendrá a pasar con ella el próximo puente. ¿Hay alguna diferencia si Adriana acude al programa Alubias pochadasde la cadena ZMM, dedicado a la vida de los famosos y cuenta lo mismo que le ha contado a Vipsianilla?

Si, a diferenza entre un suposto e outro é patente. Non é o mesmo que Adriana, como asistenta, informe a Vipsianilla de algo que ela mesma lle encomendou. Se acode a un programa de televisión de prensa rosa para difundir información sobre a súa xefa, pódese estar vulnerando algún dereito. Por exemplo, a intimidade ou mesmo o honor se Vipsianilla o considera.

a)      ¿Qué pasaría si Adriana encontrara en casa de Vipsianilla un vídeo en el que su señora estuviera tirando una canita al aire, mientras estaba casada con su maravilloso marido, al que según cuenta fue fiel hasta su muerte, dejándole una huella profunda por su irreparable pérdida, además de la suculenta cuenta corriente?

Vipsianilla, neste senso, tamén pode considerar vulnerado o seu dereito á intimidade. Se Adriana atopa o vídeo, aínda que sexa por casualidade e sabe que é propiedade da súa xefa, non ten dereito a ollalo sen o permiso da dona. Despois de visionalo ten unha información que a protagonista do feito pode considerar unha ameaza para a súa reputación.

Polo tanto, está vulnerando a súa intimidade, porque se entromete na súa vida privada. Tamén atenta contra o secreto das comunicacións, ao ollar sen permiso o vídeo da protagonista e o honor, se Vipsianilla considera un menosprezo o acto levado a cabo pola súa empregada.

b)     ¿Y si lo llevara al citado programa para comentarlo?

Neste caso si sería unha clara violación do dereito á intimidade e tamén ao honor. A difusión de vídeos de carácter sexual sen o permiso dos protagonista vulnera totalmente o dereito que teñen as persoas a gardarse para si mesmas os actos en cometen en privado. Son accións que levan a cabo na esfera máis íntima da súa vida e que non teñen que saír á luz se eles mesmos non o desexan.

Estaríase vulnerando o dereito á intimidade familiar e persoal, a propia imaxe e tamén o honor da mesma.

Sentencia T.C. 23/2010, de 27 de abril

Resumo: A sentenza versa sobre o acontecido no ano 1995 cando unha revista de corte satírico chamada ‘’Noticias del Mundo’’, hoxe desaparecida, publica unha reportaxe sobre Isabel Iglesias Preysler.

Esta famosa denuncia ao medio de comunicación por publicar unha fotomontaxe coa cara da afectada e o corpo doutra muller, case núa. Instaban, por outra banda, a que os lectores marcasen as súas preferencias en canto á caricatura, con comentarios de corte sexista.

1)       Cada uno tendrá que poner las expresiones que vulneren o no el derecho al honor, diferenciando si atañe a la libertad de expresión o al derecho a la información.

Tendo en conta que o obxecto da demanda é unha caricatura publicada nunha revista satírica, este caso atañe claramente á liberdade de expresión. En ningún momento se ofrece información veraz nin noticias de ningún tipo. Tan só se publica unha imaxe deformada da afectada coa simple motivación de chamar a atención da audiencia. O que se ofrece é unha representación suxectiva do suceso e non acontecemento real.

Polo tanto, os supostos que vulneran o dereito ao honor de Isabel Iglesias son por unha banda a fotomontaxe da que é protagonista e que, ademais, foi elaborada sen o seu consentimento. E por outra parte o test que ofrecen aos seus lectores para que comenten acerca da fotografía, utilizando unha linguaxe moi machista que desgrada a figura da muller.

2)       Señalar la razón por la que existe la prevalencia del derecho a la información o expresión o, por el contrario, ha de prevalecer el derecho al honor.

A resolución da sentencia estivo a favor de Isabel Iglesias. É unha personaxe pública, que vende a súa vida privada nos medios de comunicación. Porén, é certo que o seu honor pode verse vulnerado con fotografías deste tipo.

Para comezar, o corpo que lle adxuntou á fotografía do seu corpo non pertencía a ela. E aínda que isto poida ser un acto máis ou menos punible, o cuestionario que podían cubrir os lectores resultaba insultante. Instaba a que opinasen acerca do corpo da muller como se fose un mero obxecto.

Tamén estou de acordó coa solución aportada polos xuíces. Paréceme moi degradante que se teña que recorrer a caricaturas deformes e comentarios sexistas para aumentar a audiencia.

3)       Y, por último, como síntesis de la sentencia poner un titular.

Isabel Iglesias Preysler demanda á revista ‘’Noticias del Mundo’’ pola publicación dunha fotomontaxe na que sae núa.

4)       NOTA. El que quiera añadir algún comentario breve, podrá hacerlo.

Os personaxes públicos teñen máis risco de que acontezan estas cousas que calquera outra persoa da rúa. É obvio que alguén que vende a súa privacidade ante os medios ten unha esfera íntima máis reducida que aquela que non está ante os focos.

Porén, isto non pode xustificar baixo ningún concepto as faltas de respecto ou as afirmacións vexatorias cara a figura dunha persoa. A dignidade humana é un dereito común e fundamental que non entende de famosos ou xente anónima.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s